domingo, 31 de diciembre de 2017

FELIZ ANO NOVO

Xa quedan pouquiñas horas para que remate o ano 2017.
Para nós foi un ano de cambios, de aprendizaxes... e, sobre todo, de moita ilusión!
Como no día de hoxe non podemos estar todos xuntos, decidimos celebrar as badaladas o último día de cole. Bueno... realmente fixemos moitas cousas!!!
Comezamos co sorteo extraordinario de lotería de Nadal, onde todos tivemos sorte e obtivemos premio; un agasallo elaborado polos usuarios da Asociación "Con Eles".
Despois recibimos a visita de Papá Noel, cos seus renos e elfos, que nos fixeron vivir unha historia apaixoante. Papá Noel levou as nosas cartas e puidemos falar e sacar fotos con el!!
E para rematar celebramos as badaladas!! Todos engalanados para a ocasión, recibimos o noso particular 2018 con uvas, Champín... e, como non, a Duendeneta!!
Desexamos que esta a noite o pasades tan ben como o fixemos nós ese día, e que o 2018 veña cargadiño de momentos inesquecibles.
Moitas grazas por estar aí.


Ya faltan poquitas horas para que termine el año 2017.
Para nosotros fue un año de cambios, de aprendizajes...y, sobre todo, de mucha ilusión!
Como en el día de hoy no podemos estar todos juntos, decidimos celebrar las campanadas el último día de cole. Bueno... realmente hicimos muchas cosas!!!
Comenzamos con el sorteo extraordinario de lotería de Navidad, donde todos tuvimos suerte y obtuvimos un premio; un regalo elaborado por los usuarios de la Asociación "Con Eles".
Después recibimos la visita de Papá Noel, con sus renos y elfos, que nos hicieron vivir una historia apasionante. Papá Noel llevó nuestras cartas y pudimos hablar y sacar fotos con él!!
Y para terminar celebramos las campanadas!! Todos engalanados para la ocasión, recibimos nuestro particular 2018 con uvas, Champín... y, como no, la Duendeneta!!
Deseamos que esta noche lo paséis tan bien como lo hicimos nosotros ese día, y que el 2018 venga cargadito de momentos inolvidables.
Muchas gracias por estar ahí.

jueves, 21 de diciembre de 2017

A NOSA PANXOLIÑA

Seguro que nalgún momento, ao longo destes días, pensástedes en como sería a nosa panxoliña deste ano. E seguro que a día de hoxe xa pensabades que non tiñamos! 
Pois... claro que temos!! O que pasa é que con taaaanta actividade non temos  tempo de nada... e facer este vídeo foi un pouco unha aventura.
Pero aquí está! Non podiamos faltar a esta cita tan importante con todos vós.
Unha vez máis... grazas Iván por facer isto posible.


Seguro que en algún momento, a lo largo de estos días, pensásteis en cómo sería nuestro villancico de este año. Y seguro que a día de hoy ya pensábais que no teníamos!
Pues... claro que tenemos!! Lo que pasa es que con taaaanta activdad no tenemos tiempo de nada.... y hacer este vídeo fue un poco una aventura.
Pero aquí está! No podíamos faltar a esta cita tan importante con todos vosotros.
Una vez más... gracias Iván por hacer esto posible.


XA ESTÁ AQUÍ O NADAL

Xa chegou o Nadal e con ela a revolución ao noso centro!!!
Este ano estamos a montalo por todo o alto... como adelanto deixámosvos a cheminea que fixemos e que decoraron os alumnos do centro.
Pouco o pouco vos iremos contando todas as nosas aventuras pero mentres... queremos desexarvos, con todo o agarimo da nosa pequena gran familia, unhas moi Felices Festas!!!

Ya llegó la Navidad y con ella la revolución a nuestro centro!!!
Este año lo montamos por todo lo alto... como adelanto os dejamos la chimenea que hicimos y que decoraron los alumnos del centro.
Poco a poco os iremos contando nuestras aventuras pero mientras... queremos desearos, con todo el cariño de nuestra pequeña gran familia, unas muy Felices Fiestas!!!

miércoles, 20 de diciembre de 2017

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

Onte tivemos a sorte de poder falar con Papá Noel!! Si, si..como o ledes! Con Papá Noel! 
O Concello ofreceunos a oportunidade de facer unha videoconferencia con Laponia e falar en directo con el e claro, non podiamos perder esa oportunidade!
Papá Noel é moi simpático e tomou nota, na súa libretiña, de todo o que lle queriamos pedir. 
Non llo puxemos moi doado,eh? xa que somos de gustos atípicos e variados. Se non nos credes, cando teñades oportunidade, preguntádelle a Papá Noel a cara que se lle quedou cando lle pedimos un disco de bachatas de orquestras.
Ayer tuvimos la suerte de poder hablar con Papá Noel!! si, si... como lo leéis!! Con Papá Noel!
 El Ayuntamiento nos ofreció la oportunidad de hacer una videoconferencia con Laponia y hablar en directo con él y claro, no podíamos perder esa oportundidad!
Papá Noel es muy simpático y tomó nota, en su libreta, de todo lo que le queríamos pedir. 
No se lo pusimos fácil,eh? ya que somos de gustos atípicos y variados. Si no nos creéis, cuando tengáis oportunidad, preguntadle a Papá Noel la cara que se le quedó cuando le pedimos un disco de bachatas de orquestas. 


martes, 19 de diciembre de 2017

XOGANDO EN FEXDEGA

Onte fomos ata Fexdega ao parque de atraccións navideñas "Arosa Park". 
Fixemos de todo; vimos unha peli en 6D, patinamos sobre xeo, fomos nas cadeas, nos cochitos, nos coches de choque, no tren dragón e saltamos cos elásticos...
Dicir que o pasamos ben é quedarnos cortos!! Pasámolo xenial!!

 Ayer fuimos hasta Fexdega al parque de atracciones navideñas "Arosa Park"
Hicimos de todo; vimos una peli en 6D, patinamos sobre hielo, fuimos en las cadenas, en los cochecitos, en los coches de choque, en el tren dragón y saltamos en los elásticos...
Decir que lo pasamos bien es quedarnos cortos!! Lo pasamos genial!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

SÓ LLES FALTA FALAR...

O pasado  martes recibimos a visita de uns amigos peludos moi especiais; os cans do club de cans de familia "Só lles falta faltar".
E o certo é que non lle puideron poñer un nome máis axeitado...porque, de verdade, que é o que lles falta por facer!!
Pasámolo xenial porque a nós os cans gústannos moito.
Pero o mellor de todo é que, a partir de febreiro, van vir  todos os martes a traballar con nós.
Vai ser xenial!!!















El pasado martes recibimos la visita de unos amigos peludos muy especiales; los perros del club de perros de familia "Só lles falta falar".
Lo cierto es que no le pudieron poner un nombre más adecuado... porque, de verdad, que es lo que les falta por hacer!!
Lo pasamos genial porque a nosotros los perros nos gustan mucho.
Pero lo mejor de todo es que, a partir de febrero, van a venir todos los martes a trabajar con nosotros.
Va a ser genial!!!







viernes, 15 de diciembre de 2017

ExperimentArte

As aulas verde e vermella realizan, dende o mes de novembro, o proxecto denominado ExperimentArte.
 A través do mesmo, e apoiandose en diferentes temáticas (xeralmente temas de interese para os grupos ou as conmemoracións) levan a cabo actividades variadas e dinámicas coas que buscan que os nenos e nenas (a través da estimulación dos sentidos: visual, olfactivo, táctil...) desenvolvan a súa creatividade.
Na primeira sesión, o alumnado realizou a actividade “As nosas pegadas”, na que traballaron o esquema corporal e a conciencia do propio corpo a través da pintura. O alumnado despois de meter mans e pés en pintura deixaba as súas pegadas nun mural e recorreron o camiño co que comezan este proxecto.
 Las aulas verde y roja realizan, desde el mes de noviembre, el proyecto denominado ExperimentArte.
A través del mismo, y apoyándose en diferentes temáticas (generalmente temas de interés para los grupos o conmemoraciones) llevan a cabo actividades variadas y dinámicas con las que buscan que los niños y niñas (a través de la estimulación de los sentidos; visual, olfativo, táctil...) desarrollen su creatividad.
En la primera sesión, el alumando realizó la actividad "Nuestras huellas", en la que trabajaron el esquema corporal y la conciencia del propio cuerpo a través de la pintura. El alumnado después de meter manos y pies en pintura dejaba sus huellas en el mural y recorrieron el camino con el que empieza este proyecto.

lunes, 11 de diciembre de 2017

O MILLO

O alumnado do noso centro traballou do 27 de novembro ó 1 de decembro, todo o relacionado co millo, proceso pertencente á nosa tradición galega.
O día 5 de decembro desfrutamos entre todos dunha agradable e motivadora actividade que puxo a funcionar os 5 sentidos e, ademáis, combinámola coas Tic co cal foi xenial!!!
Como di o refrán: "O que sementa, recolle" e os nosos alumnos sementaron requeteben...  polo tanto recolleron os froitos en forma de pan, flocos de millo e arepas.
Así da gusto traballar!!
 El alumnado de nuestro centro trabajó del 27 de noviembre al 1 de diciembre, todo lo relacionado con el maíz, proceso que pertenece a nuestra tradición gallega.
El día 5 de diciembre disfrutamos de una agradable y motivadora actividad que puso a funcionar los 5 sentidos y, además, la combinamos con las Tic, con lo cual fue genial!!!
Como dice el refrán; "El que siembra, recoge" y nuestros alumnos sembraron requetebien... por lo tanto recogieron los frutos en forma de pan, palomitas de maíz y arepas.
Así da gusto trabajar!!

martes, 5 de diciembre de 2017

XA CHEGA...

Chega decembro e con el unha das festividades que máis nos gustan no cole... o Nadal!!!
Foi chegar o día 1 e comezar a traballar sobre o tema. Desta vez a idea foi do Equipo de Dinamización da Biblioteca, que nos propuxo facer adornos para o centro. 
Non é por presumir pero... quedáronnos xenial!!!

Llega diciembre y con él una de las festividades que más nos gustan en el cole... la Navidad!!
Fue llegar el día 1 y empezar a trabajar sobre el tema. Esta vez la idea fue del Equipo de Dinamización de la Biblioteca, que nos propuso hacer adornos para el centro.
No es por presumir pero... nos quedaron genial!!!!



lunes, 4 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

Onte, día 3 de decembro, celebrouse o Día Internacional da Discapacidade.
Nós tamén quixemos celebrar este día cun acto en prol das persoas con discapacidade facendo fincapé, sobre todo, na súa normalización e no respecto ás diferenzas.
As frases hoxe escoitadas foron moitas... "Ola capacidade, adiós discapacidade"... "Podo facer as mesmas cousas que fas ti"..."Eu tamén podo"... "Capacidades diferentes, posibilidades infinitas"... "Mírame por dentro"... "Non son discapacitado, teño unha discapacidade"...e así ata unhas cincuenta ideas diferentes xurdiron ao longo deste bonito acto.

Ayer, día 3 de diciembre, se celebró el Día Internacional de las personas con Discapacidad.
Nosotros también quisimos celebrar este día con un acto en favor de las personas con discapacidad haciendo hincapié, sobre todo, en su normalización y el respeto a las diferencias.
 Las frases hoy escuchadas fueron muchas... "Hola capacidad, adiós discapacidad"... "Puedo hacer las mismas cosas que haces tú"... "Yo también puedo"... "Capacidades diferentes, posibilidades infinitas"... "Mírame por dentro"... "No soy discapacitado, tengo una discapacidad"... y así hasta unas cincuenta ideas diferentes surgieron a lo largo de este bonito acto.

PLÁNTATE NA RÚA

O pasado xoves un grupiño de alumnos do noso cole participaron nunha actividade moi enriquecedora organizada pola Concellería de Educación e o servizo de xardíns con Concello de Vilagarcía; "Plántate na rúa".
Con esa actividade preténdese concienciar á poboación infantil e, a través da mesma ao resto de veciños, sobre a necesidade de respectar e coidar os bens públicos, e neste caso as plantas que decoran as nosas rúas, prazas e xardíns.
Foi unha experiencia moi bonita e temos todas as nosas ilusións postas en que ningún amigo do alleo decida levar o que plantamos para a súa casa.


El pasado jueves un grupo de alumnos de nuestro cole participaron en una actividad muy enriquecedora organizada por la Concejalía de Educación y el servicio de jardinería del Ayuntamiento de Vilagarcía; "Plántate na rúa".
Con esta actividad se pretende concienciar a la población infantil, y a través de ella al resto de vecinos, sobre la necesidad de respetar y cuidar los bienes públicos, en este caso las plantas que decoran nuestras calles, plazas y parques.
 Fue una experiencia muy bonita y tenemos toda nuestra ilusión puesta en que ningún amigo de lo ajeno decida llevar lo que plantamos para su casa.

viernes, 1 de diciembre de 2017

FORMACIÓN DOS PROFES

No centro os adultos están sempre formándose!! 
E nós pensando que eramos os únicos que aprendíamos cousas no cole!!
Esta semana fixeron un curso de RCP (reanimación cardiopulmonar) para saber como dar unha resposta axeitada en caso de que xurda a necesidade.
Profesores e persoal laboral estiveron moi atentos e concentrados xa que son moi conscientes da importancia que ten dar unha resposta rápida e axeitada.


 En el centro los adultos están siempre formándose!!
Y nosotros pensando que éramos los únicos que aprendíamos cosas en el cole!!
Esta semana hicieron un curso de RCP (reanimación cardiopulmonar) para saber cómo dar una respuesta adecudada en caso de que surja la necesidad.
Profesores y personal laboral estuvieron muy atentos y concentrados ya que son muy conscientes de la importancia que tiene dar una respuesta rápida y adecuada.

jueves, 30 de noviembre de 2017

COPA FEDERACIÓN DE FÚTBOL SALA

O pasado mércores día 8 de novembro os alumnos e alumnas do noso centro participaron na Copa Federación de Fútbol Sala. A xornada deportiva tivo lugar na Cidade de Pontevedra e xunto coa expedición do colexio viaxaron os nosos compañeiros e compañeiras da Asociación CON ELES.

A mañá de fútbol-sala foi moi productiva, e non só porque finalmente nos fixésemos coa victoria.
Durante e entre os partidos puidemos relacionarnos e compartir experiencias cos demais participantes. E tamén tivemos tempo para repoñer forzas cunha boa merenda.

As forzas boa falta nos fixeron  para poder facernos coa victoria nunha final moi disputada que se resolveu no último lanzamento da tanda de penaltis.

Como rematamos a competición un pouco antes do previsto, e nos atopábamos preto do Campus Universitario, decidimos facer unha visita á Facultade de Comunicación Audiovisual. Visitamos parte das instalacións da facultade e mesmo tivemos a oportunidade de conversar con dúas alumnas de úlmo curso que nos explicaron que tipo de formación reciben alí e cales son as súas perspectivas a nivel laboral.

El pasado miércoles día 8 de noviembre los alumnos y alumnas de nuestro centro participaron en la Copa Federación de Fútbol Sala. La jornada deportiva tuvo lugar en la Ciudad de Pontevedra y junto con la expedición del colegio viajaron nuestros compañeros y compañeras de la Asociación CON ELES.
La mañana de fútbol-sala fue muy productiva, y no solo porque finalmente nos hiciésemos con la victoria.

Durante los partidos pudimos relacionarnos y compartir experiencias con los demás participantes. Y también tuvimos tiempo de reponer fuerzas con una buena merienda.
Las  fuerzas buena falta nos hicieron para poder hacernos con la victoria en una final muy disputada que se resolvió en el último lanzamiento de penaltis.

Como terminamos la competición un poco antes de lo previsto, y nos encontrábamos cerca del Campus Universitario, decidimos hacer una visita a la Facultad de Comunicación Audiovisual. Visitamos parte de las instalaciones de la facultad y al mismo tiempo tuvimos la oportunidad de conversar con dos alumnas del útimo curso que nos explicaron qué tipo de formación reciben allí y cuáles son sus perspectivas a nivel laboral.




Obradoiro cinematográfico co FIC BUEU

Hoxe tivemos a presentación doutro novo proxecto que imos levar a cabo (si, sabémolo... non paramos!).
Queredes saber en que vai consistir? Pois en... gravar unha curtametraxe!!! Pero non unha curtametraxe calquera,eh? Vai ser exclusiva!!! Escrita, dirixida, producida, gravada e montada por nós.
Alucinades,verdade?
Pois ímolo facer grazas a Área Social do FicBueu contando co apoio da Obra Social "la Caixa".
Onte quedou inaugurado o noso obradoiro cinematográfico.
Seguide atentos ás nosas novas!!!

Hoy tuvimos la presentación de otro nuevo proyecto que vamos a llevar a cabo (si, lo sabemos... no paramos!)
Queréis saber en que va a consistir? Pues en.. grabar un cortometraje!!! Pero no un cortometraje cualquiera,eh? Va a ser exclusivo!!! Escrito, dirigido, producido, grabado y montado por nosotros.
Alucináis, verdad?
Pues lo vamos a hacer gracias al Área Social del FicBueu contando con el  apoyo de la Obra Social "la Caixa".
Ayer quedó inaugurado nuestro taller cinematográfico.
Seguid atentos a nuestras novedades!!!



martes, 28 de noviembre de 2017

RUBICUNDO

A semana pasada un grupiño do cole fomos ata Pontevedra a ver o teatro musical "Rubicundo", interpretado por Teatro dos Ghazafelhos.
Amenizada por cancións, bailes, títeres e acrobacias, contáronnos unha fermosa historia que ten como base de todo algo moi importante; a amizade.


La semana pasada un grupo del cole fuimos hasta Pontevedra a ver el teatro musical "Rubicundo", intepretado por Teatro dos Ghazafelhos. 
Amenizada por canciones, bailes, títeres y acrobacias, nos contaron una hermosa historia que tiene como base de todo algo muy importante; la amistad.


lunes, 27 de noviembre de 2017

NA DEPUTACIÓN... A RECOLLER O NOSO CIF!!

No día de hoxe, unha representación da nosa cooperativa "SpecialMans"acudiu a Deputación de Pontevedra á gala de entrega do CIF, o que xa nos recoñece oficialmente como empresa.
O noso compañeiro Álvaro dixo unhas palabriñas explicando a nosa idea de traballo e fíxoo realmente ben.
Finalmente, á Presidenta da Deputación, Carmela Silva Rego, estivo falando con todos nós e animándonos co noso proxecto.


En el día de hoy, una representación de nuestra cooperativa "SpecialMans" acudió a la Diputación de Pontevedra a la gala de entrega del CIF, lo que ya nos reconoce oficialmente como empresa.
Nuestro compañero Álvaro dijo unas palabras explicando nuestra idea de trabajo y lo hizo realmente bien.
Finalmente, la Presidenta de la Diputación, Carmela Silva Rego, estuvo hablando con todos nosotros y animándonos con nuestro proyecto.

sábado, 25 de noviembre de 2017

ESTATUTOS DA COOPERATIVA

Chegou o momento de redactar os estatutos da nosa cooperativa.
Foi un momento moi importante xa que é unha proba máis da seriedade do noso proxecto.
Queda reflictido que nos comprometemos a traballar, a axudarnos uns a outros e a respectar as decisións dos compañeiros.
Tamén acordamos que un 25% dos nosos beneficios irán destinados á "Fundación Amigos de Galicia"
Llegó el momento de redactar los estatutos de nuestra cooperativa.
Fue un momento muy importante ya que es una prueba más de la seriedad de nuestro proyecto.
Queda reflejado que nos comprometemos a trabajar, a ayudarnos unos a otros y a respetar las decisiones de los compañeros.
También acordamos que un 25% de nuestros beneficios irán destiandos a la "Fundación Amigos de Galicia".


viernes, 24 de noviembre de 2017

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Vilagarcía organizou para o día de hoxe unha andaina contra a violencia de xénero.
Debido ás inclemencias meteorolóxicas nós non puidemos asistir (aínda que un grupiño foi ata o Concello á lectura do manifesto) pero sí realizamos o noso acto conmemorativo no cal, todos vestidos de negro e con pancartas reivindicaticas, berramos moi alto... NON AO MALTRATO!!
 Coas pancartas realizamos un mural para que, todo aquel que entre no centro saiba que, todos nós, estamos en contra do maltrato.

 El Ayuntamiento de Vilagarcía organizó para el día de hoy una caminata contra la violencia de género.
Debido a las inclemencias meteorológicas nosotros no pudimos asistir (aunque un grupito fue hasta el Ayuntamiento a la lectura del manifiesto), pero sí realizamos nuestro acto conmemorativo en el cual, todos vestidos de negro y con pancartas reivindicativas, gritamos muy alto... NO AL MALTRATO!!
Con las pancarta realizamos un mural para que, todo aquel que entre en el centro sepa que, todos nosotros, estamos en contra del maltrato.

viernes, 17 de noviembre de 2017

MAGOSTO CO CEIP ANEXO - A LOMBA

 Como todos os anos celebramos o Magosto co CEIP Anexo - A Lomba.
Este ano o noso centro encargouse de pensar, organizar e preparar o material para os xogos.
As coordinadoras de extraescolares e complementarias e dinamización da lingua galega puxeron a traballar a todos os profes e idearon unhas actividades xeniais!!!
Fixemos de todo; pintamos, xogamos ao golf e a pasar a castaña, disfrazámonos, puxemos a proba a nosa memoria e andivemos na procura da castaña.
Pasámolo realmente ben!!
Despois bailamos todos xuntos a canción "A carrasquiña" e finalmente comemos castañas ata fartar!!


Como todos los años celebramos el Magosto con el CEIP Anexo - A Lomba.
Este año nuestro centro se encargó de pensar, organizar y preparar el material para los juegos.
Las coordinadoras de extraescolares y complementarias y de dinamización da lingua galega pusieron a trabajar a todos los profes e idearon unas actividades geniales!!!
 Hicimos de todo; pintamos, jugamos al golf y a pasar la castaña, nos disfrazamos, pusimos a prueba nuestra memoria y estuvimos buscando la castaña.
Lo pasamos realmente bien!!
Después bailamos todos juntos la canción "A carrasquiña" y finalmente comimos castañas hasta reventar!!

CASTAÑAS EN "CON ELES"

Este ano, o noso tradicional magosto coa Asociación "Con Eles" celebrámolo no seu centro.
Para nós foi toda unha experiencia xa que nunca foramos a visitalos e ademais fomos en transporte público. 
Pasámolo moi ben!! 
Comemos castañas, chourizos, biscoito... e despois bailamos ata non poder máis.
Este año, nuestro tradicional magosto con la Asociación "Con Eles" lo celebramos en su centro.
Para nosotros fue toda una experiencia ya que nunca fuéramos a visitarlos y además fuimos en transporte público.
Lo pasamos muy bien!!
Comimos castañas, chorizos, bizcocho... y después bailamos hasta no poder más.

miércoles, 15 de noviembre de 2017

A NOSA COOPERATIVA!!

Xa sabedes que nós idea nova que vemos.. idea nova á que nos apuntamos!!
É así que este ano dóusenos por montar unha cooperativa. Si, si... como o ledes; unha cooperativa.
A Deputación de Pontevedra desenvolve un proxecto chamado "DePoEmprende" no cal anima ás escolas a montar as súas propias empresas. 
A nós chamounos moito a atención a iniciativa e... aquí estamos!
O primeiro que tivemos que decidir era se queriamos que a nosa empresa fose una sociedade anónima (onde os profes eran os xefes) ou unha sociedade cooperativa (onde todos nós somos socios e traballadores da empresa e tomamos entre todos as decisións). Tivémolo claro desde o principio; unha sociedade cooperativa.
Hoxe tivemos a nosa primeira reunión, na cal firmamos unha acta onde queda reflictido oficialmente que somos membros da cooperativa e eleximos tamén o nome da mesma. 
Despois de coñecer todos os nomes propostos e de votar democráticamente o nome máis votado foi... SpecialMans!!

Ya sabéis que nosotros idea nueva que vemos... idea nueva a la que nos apuntamos!!
Es así que este año se nos dió por montar una cooperativa. Si, si... como lo leéis; una cooperativa.
La Diputación de Pontevedra desarrolla un proyecto llamado "DePoEmprende" en el cual anima a las escuelas a montar sus propias empresas.
A nosotros nos llamó mucho la atención la iniciativa y... aquí estamos!
Lo primero que tuvimos que decidir era si queríamos que nuestra empresa fuese una sociedad anónima (donde los profes eran los jefes) o una sociedad cooperativa (donde todos nosotros somos socios y trabajadores de la empresa y tomamos entre todos las decisiones). Lo tuvimos claro desde el principio; unha sociedad cooperativa.
 Hoy tuvimos nuestra primera reunión, en la cual firmamos un acta donde queda reflejado oficialmente que somos miembros de la cooperativa y elegimos el nombre de la misma.
Después de conocer todos los nombres propuestos y de votar democráticamente, el nombre más votado fue... SpecialMans!!

martes, 14 de noviembre de 2017

... E NÓS TAMÉN!!

Os alumnos e alumnas das aulas 6, 7 e 8 disfrutaron a martes día 7 de novembro dunha obra de teatro musical da compañía Colorín e Colorada.
Na obra, os protagonistas, Alegrina, Colorín e Colorada realizan, a través do "tren" da imaxinación, unha viaxe polos diferentes países do mundo e a súa tradición musical.
Obra moi entretida na que os pequenos e pequenas do cole aprenderon e gozaron con diferentes instrumentos, ritmos e cancións.


Los alumnos y alumnas de las aulas 6, 7 y 8 disfrutaron el martes día 7 de noviembre de una obra de teatro musical de la compañía Colorín y Colorada.
 En la obra, los protagonistas, Alegrina, Colorín y Colorada realizan, a través del "tren" de la imaginación, un viaje por los diferentes países del mundo y su tradición musical.
Obra muy entretenida en la que los pequeños y pequeñas del cole aprendieron y gozaron con diferentes instrumentos, ritmos y canciones.


viernes, 10 de noviembre de 2017

FOMOS AO AUDITORIO...

O pasado mércores, dúas aulas do cole fomos ao auditorio a ver a obra de teatro "Laberinto" da compañía Zarándula.
Aínda que a prioiri o tema do consumo e a mitoloxía grega non semellaba moi chamativo, a posta en escea foi moi boa e axudounos a comprender a importancia dun consumo responsable e a pensar tamén nos demais e non só en nós mesmos.
Xogamos coa música, cos olores, luces e sombras... e todo isto acompañado de moito humor, o que nos fixo pasar un momento máxico.

El miércoles pasado, dos aulas del cole fuimos a ver la obra de teatro "Laberinto" de la compañía Zarándula.
Aunque a priori el tema del consumo y la mitología griega no parecía muy llamativo, la puesta en escena fue muy buena y nos ayudó a comprender la importancia de un consumo responsable y a pensar en los demás y no sólo en nosotros mismos.
Jugamos con la música, con los olores, luces y sombras... y todo esto acompañado de mucho humor, lo que nos hizo pasar un momento mágico.

lunes, 6 de noviembre de 2017

FESTA DO SAMAÍN!

Despois de varios días traballando sobre a temática do Samaín o seu era ter unha gran festa,non? Pois así foi... 
Os equipos de biblioteca, actividades extraescolares e complementarias e dinamización da lingua galega, uníronse para facernos pasar unha mañá do máis entretida.
Comezamos cun obradoiro de adornos... de medo!, logo tivemos sesión de maquillaxe onde nos convertimos en vampiros, zombis, Drácula... e por último vivimos unha sesión de contos terroríficos a cargo dun membro da compañía de teatro Tatana. 
E sabedes que? Algún dos contos que contou.. eran os nosos!!!! Acordádesvos daqueles contos dos que vos falabamos fai uns días? Pois vímolos interpretados para todo o cole!!
Después de varios días trabajando sobre la temática del Samaín lo suyo era terminar con una gran fiesta, no? Pues así fue...
Los equipos de biblioteca, actividades extraescolares y complementarias y dinamización de la lengua gallega, se unieron para hacernos pasar una mañana de lo más entretenida.
Comenzamos con un taller de adornos... de miedo!, después tuvimos sesión de maquillaje donde nos convertimos en vampiros, zombis, Drácula... y por último vivimos una sesión de cuentos terroríficos a cargo de un  miembro de la compañia de teatro Tatana. 
Y sabéis que? Alguno de los cuentos que contó... eran los nuestros!!!
Os acordáis de aquellos cuentos de los que os hablamos hace unos días? Pues los vimos interpretados para todo el cole!!

viernes, 3 de noviembre de 2017

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Que sería do noso Samaín sen cabazas?
Este ano os rapaces e as súas familias traballaron moitísimo e partiparon na exposición no centro con cabazas impresionantes!! Son todos uns artistas!! Como? Que non o credes? Mirade as fotos e xa veredes... fixeron unhas cabazas de medo!!!
Cada rapaz levou un diploma no cal o consello de monstros do cole deixaba constancia da súa participación.


Qué sería de nuestro Samaín sin calabazas?
Este año los chicos y sus familias trabajaron muchísimo y participaron en la exposición del centro con calabazas impresionantes!! Son todos unos artistas!! Cómo? Qué no lo creéis? Mirad las fotos y ya veréis... hicieron unas calabazas de miedo!!!
Cada alumno llevó un diploma en el cual el consejo de monstruos del cole dejaba constancia de su participación.




jueves, 2 de noviembre de 2017

UNHA PANTASMA CON ASMA

O pasado venres 27 de outubro tivemos a gran sorte de presenciar a dramatización do conto "Unha pantasma con asma". 
Todos, ata as pantasmas, poden chegar a contraer enfermidades, sobre todo se viven en ambientes solitarios... 
Pero as esceas deste conto, interpretado por unha divertida pantasma e un doutor moi profesional, recetáronnos un remedio infalible que cura todos os males, incluidos os pastamales. 
Xa sabedes! Bicos, apertas, aloumiños...


El pasado viernes 27 de octubre tuvimos la gran suerte de presenciar la dramatización del cuento "Un fantasma con asma".
Todos, hasta los fantasmas, pueden llegar a contraer enfermedades, sobre todo si viven en ambientes solitarios...
Pero las escenas de este cuento, interpretado por un divertido fantasma y un doctor muy profesional, nos recetaron un remedio infalible que cura todos los males, incluidos los fantasmales.
Ya sabéis!! Besos, abrazos, mimos...

martes, 31 de octubre de 2017

COCIÑA TERRORÍFICA!!

Este curso estamos a celebrar o Samaín por todo o alto!!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega ofreceunos a oportunidade de recrear unhas receitas máxicas elaboradas por meigas ao longo dos séculos.
Nestas receitas non había nin mouchos, nin coruxas, nin sapos nin bruxas... pero sí houbo moita ilusión, emoción e... ganas de comer un montón!!!

Este curso estamos celebrando el Samaín por todo lo alto!! 
El "Equipo de Dinamización da Lingua Galega" nos ofreció la oportunidad de recrear unas recetas mágicas elaboradas por "meigas" a lo largo de los siglos.
En estas recetas no había buhos, ni lechuzas, ni sapos ni brujas... pero sí hubo mucha ilusión, emoción y... ganas de comer un montón!!!

lunes, 30 de octubre de 2017

CONTOS... DE MOITO MEDO!!!

Chegou o momento!!!
Presentámosvos os contos terroríficos elaborados polos alumnos das aulas 2, 3, 4 e 5.
Estes contos aínda van dar algunha que outra sorpresa... seguide atentos!!!
















 Llegó el momento!!!
 Os presentamos los cuentos terroríficos elaborados por los alumnos de las aulas 2, 3, 4 y 5.

Estos cuentos aún van a dar alguna que otra sorpresa... estad atentos!!




viernes, 27 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA

Este martes 24 celebramos o Día da Biblioteca cunha "Busca do tesouro" por todo o colexio que rematou coa lectura do conto "O pirata pata de lata" na biblioteca. 
Ademais entregámoslle aos rapaces parte dese tesouro (só unhas moediñas) e un marcapáxinas de Frida para elaborar na clase. Tamén levaron un adhesivo da nosa mascota Frida, quen últimamente está por todas partes, moito voa!!!
Amais, participamos no concurso que promovía o Observatorio da Lectura e o Libro e colgamos a nosa foto nas redes sociais Instagram e Twitter, búscanos en #estoyenlabiblio


Este martes celebramos el Dia de la Biblioteca con una "Búsqueda del tesoro" por todo el colegio que terminó con la lectura del cuento "O pirata pata de lata" en la biblioteca.
 Además le entregamos a los chavales parte de ese tesoro (solo unas moneditas) y un marcapáginas de Frida para elaborar en clase. También llevaron un adhesivo de nuestra mascota Frida, quien últimamente está en todas partes, mucho vuela!!!
También participamos en el concurso que promovía el Observatorio de la Lectura y el Libro y colgamos nuestra foto en las redes sociales Instagram y Twitter; búscanos: #estoyenlabiblio

miércoles, 25 de octubre de 2017

ACHÉGASE O SAMAÍN...

Achégase a festa do Samaín e con ela os sustos e sorpresas.
O outro día atopamos no nosos buzón algo que  nos miraba e nos metía un pouco de medo. Armámonos de valor e descubrimos que eses ollos maléficos contiñan unha mensaxe para nós.
Nesa mensaxe o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propoñíanos elaborar uns contos terroríficos para compartilos logo cos nosos compañeiros. 
Queredes ver o resultado??? 
Pois teredes que esperar ata a vindeira semana... HAHA HAHA HAAAAA....


Se acerca la fiesta de Samaín y con ella los sustos y sorpresas.
El otro día encontramos en nuestro buzón algo que nos miraba y nos metía un poco de miedo. Nos armamos de valor y descubrimos que esos ojos maléficos contenían un mesaje para nosotros.
En ese mensaje el "Equipo de Dinamización da Lingua Galega" nos proponía elaborar unos cuentos terroríficos para compartirlos después con nuestros compañeros.
Queréis ver el resultado?
Pues tendréis que esperar hasta la próxima semana... HAHA HAHA HAAAAA...

jueves, 19 de octubre de 2017

" A GALIÑA AZUL"... PREMIADA!!!

Comezamos o curso cun premio!!
Si o ano pasado tivemos que ir a Valencia a recoller o premio pola nosa curtametraxe de animación "Señor Ramón e Señora Ramona", este ano foi en Madrid onde se celebrou a "Gala da entrega de Premios da II Edición eMove Festival".
Nesa gala, a nosa galiña azul resultou premiada como mellor videoclip na categoría de Educación Especial.
Agora xa temos outro premio para expoñer no centro e cada alumno levou para casa o seu diploma que o acredita como gañador de dito premio.
Estamos todos moi contentos!


Empezamos el curso con un premio!!
Si el año pasado tuvimos que ir a Valencia a recoger el premio por nuestro cortometraje de animación " Señor Ramón e Señora Ramona", este año fue en Madrid donde se celebró la "Gala de entrega de Premios de la II Edición eMove Festival".
En dicha gala, nuestra gallina azul resultó premiada como mejor vídeoclip en la categoría de Educación Especial.
Ahora ya tenemos otro premio para exponer en el centro y cada alumno llevó para casa su diploma que lo acredita como ganador de dicho premio.
Estamos todos muy contentos!! 


martes, 17 de octubre de 2017

ABRAIADOS E AGRADECIDOS

Nestes días o Centro tivo un agasallo moi especial, a familia de Tomás, un dos nosos alumnos, tróuxonos unha figura de Frida, a mascota da biblioteca. 
Quedamos abraiados co traballo realizado e queremos agradecerlles dende aquí todas esa dedicación.
MOITAS GRACIAS!!!

 
Estos días el Centro tuvo un regalo muy especial, la familia de Tomás, uno de nuestros alumnos, nos trajo una figura de Frida, la mascota de la biblioteca.
Quedamos sorprendidos con el trabajo realizado y queremos agradecerles desde aquí toda esa dedicación.
MUCHAS GRACIAS!!!